MUSA – Muiñada, Magosto e Samaín
É unha festividade anual que se celebra en Sabucedo adicada 3 actividades principais:
- Muiñada: Gran parte das actividades transcorren nos Muiños de Sabucedo.
- Magosto: Festa tradicional que se celebra a colleita das castañas, tan importantes na historia galega, xa que era o acompañamento principal dos xantares ata a introducción da pataca.
- Samaín: Antiga tradición celta que marca o final das colleitas e o inicio do inverno. Marcaba o comezo do ano agrícola e é a orixe da festividade de halloween.
Con esta cita, as agrupacións organizadoras, Rapa das Bestas e a Asociación Veciñal Pau de Moca, poñen en valor as raíces e tradicións do pobo, ao tempo que reivindican o respecto polo medio ambiente e o mundo rural.
PROGRAMA MUSA
Á MAÑANCIÑA
09:45h. ANDAINA comentada da Ruta da Rapa das Bestas de Sabucedo.
Saída dende o curro novo. Recollida de cogumelos e castañas durante o paseo. 10km.
12:00h. Xuntanza no MUÍÑO DO MESTRE
Apertura do MERCADIÑO DE PRODUTOS DE ARTESANÍA ALIMENTARIA e PROXIMIDADE
12:05h. Encendido do forno e comenzo do OBRADOIRO DE PAN
12:30h. V Concurso Infantil “COÑECENDO O MEU POBO”
Con agasallos para os participantes.
13:00h. Cata comentada de ACEITE DAS OLIVEIRAS DE A ESTRADA
Cata degustación “A SIDRA DA ESTRADA PURA ARTESANÍA ALIMENTARIA”
Mostra de cociña e degustación PLANTAS SILVESTRES CON PRODUCTOS AGACAL a cargo de Sabores Espontáneos
Á HORA DE XANTAR
13:30h. Aperitivo Musical con Airiños de Caldelas.
14:30h. XANTAR o carón do Teleclub (Compre facer reserva)
16:30h. Inicio do OBRADOIRO DE FILLOAS E CHULAS e Entrega de Premios do Concurso Infantil “Coñecendo o meu pobo”
17:00h. Presentación do proxecto SABUCEDO, A MEMORIA DUN POBO a cargo de Iván Nespereira de A Horta da Cultura.
POLO SERÁN
17:30h. Inicio dos OBRADOIROS DO SAMAÍN: calacús, maquillaxe,…
Para nenos ata 90 anos.
18:00h. SABUCEDO TAMÉN CANTA. Serán musical no muíño.
19:15h. Procesión da SANTA COMPAÑA
Lectura dos RESPONSOS dedicados aos mortos en vida durante a elaboración da QUEIMADA purificadora no curro vello.
¡Traede túnica branca ou saba vella!
DE NOITE
20:10h. NOITE DO SAMAÍN a carón do Teleclub
Chegada da Santa Compaña e celebración do MAGOSTO.
21:00 h. CONTACONTOS. Celso Fernández Sanmartín presenta “CONTAR”.
Espectáculo de narración oral.
23:30h. Concerto de GATO PIOLLOSO… e festa rachada!








