MUSA – Muiñada, Magosto e Samaín

É unha festividade anual que se celebra en Sabucedo adicada 3 actividades principais:

  • Muiñada: Gran parte das actividades transcorren nos Muiños de Sabucedo.
  • Magosto: Festa tradicional que se celebra a colleita das castañas, tan importantes na historia galega, xa que era o acompañamento principal dos xantares ata a introducción da pataca.
  • Samaín: Antiga tradición celta que marca o final das colleitas e o inicio do inverno. Marcaba o comezo do ano agrícola e é a orixe da festividade de halloween.

Con esta cita, as agrupacións organizadoras, Rapa das Bestas e a Asociación Veciñal Pau de Moca, poñen en valor as raíces e tradicións do pobo, ao tempo que reivindican o respecto polo medio ambiente e o mundo rural.

PROGRAMA MUSA

Á MAÑANCIÑA

12:00h. Xuntanza no MUÍÑO DO MESTRE

12:05h. Encendido do forno e comenzo do OBRADOIRO DE PAN

Cata degustación “A SIDRA DA ESTRADA PURA ARTESANÍA ALIMENTARIA”

Mostra de cociña e degustación PLANTAS SILVESTRES CON PRODUCTOS AGACAL a cargo de Sabores Espontáneos

Á HORA DE XANTAR

14:30h. XANTAR o carón do Teleclub (Compre facer reserva)

POLO SERÁN

17:30h. Inicio dos OBRADOIROS DO SAMAÍN: calacús, maquillaxe,…

Para nenos ata 90 anos.

18:00h. SABUCEDO TAMÉN CANTA. Serán musical no muíño.

19:15h. Procesión da SANTA COMPAÑA

Lectura dos RESPONSOS dedicados aos mortos en vida durante a elaboración da QUEIMADA purificadora no curro vello.

¡Traede túnica branca ou saba vella!

DE NOITE

20:10h. NOITE DO SAMAÍN a carón do Teleclub

Chegada da Santa Compaña e celebración do MAGOSTO.

21:00 h. CONTACONTOS. Celso Fernández Sanmartín presenta “CONTAR”.

Espectáculo de narración oral.

Cartaz Musa 2026