Cambio de horarios pola vaga de calor
2 Xullo, 2026
|Eventos
En atención á previsión de altas temperaturas, tomouse a decisión de variar o horario dos tres Curros:
Sábado 4 de xullo: 20.00 hora
Domingo, 5 de xullo: 11.00 horas
Luns, 6 de xullo: 11.00 horas
Están dispoñibles os horarios actualizados no Programa da Rapa das Bestas.
Aínda así, prégase ás persoas asistentes que adopten medidas de protección contra a calor:
- Hidrátate ben
- Leva gorra ou sombreiro
- Usa protección solar
- Leva abanico ou elementos para refrescarte
- Procura sombra sempre que poidas
- Se sobes ao monte o venres: Leva auga abondosa, calzado cómodo, roupa lixeira e evita esforzos nas horas de máis calor.
Please follow and like us:






