Rutas de Sendeirismo

Powered by Wikiloc

Ruta Rapa das Bestas de Sabucedo

A Ruta da Rapa das Bestas de Sabucedo é un percorrido circular de 10 quilómetros de lonxitude que transcorre polos principais lugares de interese, tanto para a aldea de Sabucedo como para a festa da Rapa das Bestas: a Igrexa de San Lourenzo, O Celeiro, O Curuto, o Centro de Conservación Equina, o Curro de Sabucedo e o Centro de Recuperación O Cubillón. Tamén pasa polos principais puntos de interese histórico da aldea, como son os 6 petróglifos e os 5 muíños históricos recuperados.

  • Distancia: 10 km
  • Dificultade: Media
  • Puntos de interese: Muíños restaurados, petróglifos, vistas do val.
Descargar Track (GPX)