Acampada

Dende a Asodiación da Rapa das Bestas habilítanse zonas de acampada gratuita a carón do campo da festa e do Curro nun precioso entorno de carballeiras centenarias.

Baños e duchas

Dispoñedes de duchas e baños abertos ao público situados no curro.

Respeta o medio ambiente

É obrigatorio deixar o lixo en bolsas nos puntos indicados.Axúdanos a manter limpa a carballeira.

Asimismo, lembramos que está prohibido facer lume na zona da acampada.

Albergue hípico

O edificio do albergue hípico de de Sabucedo foi unha antiga Escola Rural agora rehabilitada e foi inaugurado no ano 2002, e está situado na Carballeira o Campo do Medio.

Tipos de habitacións:

-Habitacións de dúas prazas
-Habitacións de catro prazas
-Habitacións de seis prazas
-Habitacións de once prazas

Todas as habitacións dispoñen de sábanas e mantas nas camas e toallas, así como calefacción.

Outras dependencias:

-Sala de estar con lareira na que se dispón de xogos de mesa, tv., etc.
-Cociña.
-Ampla cafetería e comedor.
-Zona de duchas e servicios.
-Na carballeira do Curro dispón de un picadero con boxes individuais, con almacén, graneiro e enfermería.

Reservas

Para realizar unha reserva póñase en contacto no número de teléfono 986 570997 / 609886291 ou ben a través do email: sabucedo@aestrada.es

Hoteis. Mar de Compostela

Preto de Sabucedo hai unha ampla oferta de casas de turismo rural. A continuación mostramos a oferta da asociación Mar de Compostela:

TuriRapa das Bestas 2016

140€/Persona

Fin de semana + experiencia

Cando


Entrada: 03/07
Saida: 05/07

Inclue agasallo de benvida + 2 noites + 2 almorzos + 2 ceas
+ 1 picnic + ruta dos muiños + 1 entrada curro Sabucedo

Onde


Tódalas casas de Turismo rural da zona

Info e reservas:

699339794

Descarga o programa premendo aquí

Galego

Castelán