Sabucedo é unha parroquia situada no sur do concello da Estrada (Pontevedra) cunha extensión de 5,9 Km2. Conta cunha soa entidade de poboación e na actualidade non supera os 60 habitantes. Porén, en Sabucedo ten lugar unha das máis elevadas manifestacións de autenticidade, identidade e vontade colectiva de todas as que integran o noso vasto legado cultural: A rapa das bestas de Sabucedo.

1,2,3,4 de Xullo

A Rapa das Bestas celébrase sempre a primeira fin de semana de Xullo

Festa de interese turístico internacional dende 2007

Declarada Festa de Interese Turístico Internacional, conta con máis de 400 anos de historia:

A rapa das bestas comeza rememorando o vínculo ancestral das bestas co divino. Durante a misa da alborada pídeselle protección a san Lourenzo para os animais e as persoas que participan na festa.

A continuación súbese ao monte na procura dos cabalos. Veciños e visitantes colaboran en grupos xuntando as greas. Finalmente, o sábado, condúcense nun grande cerco á aldea.

A parte máis espectacular da festa é o curro, onde aloitadores e cabalos confrontan técnica e forza corpo a corpo nunha loita para dominar o animal e cortarlle as crinas.

Existe unha zona de acampada habilitada e unha sorprendente oferta de ocio nocturno.

Diccionario

Se queres coñecer o significado de vocablos e termos propios de Sabucedo en relación coas bestas e coa Rapa, tales como "aloitar", "cabalo fachado" ou "griñón", podes descargarte o nóso glosario