SES
Ses chegará coma sempre co seu enorme carisma e forza persoal. María Xosé Silvar, Ses, tronzadora de valos, chegou á música galega para mover os marcos e acabar coa parcelaria da música no país. Rock e sabor latinoamericano misturados cunha fonda base de música galega, forxada nun pasado como cantareira.Toda esta riqueza musical vai acompañada de letras cheas de forza, en defensa dos débiles, das mulleres, … Unha das grandes da nosa música en Sabucedo.
VÍDEOS:
CONCIERTOS RADIO 3

Xabier Díaz e As Adufeiras de Salitre
Temos a sorte esta ano de contar coa presenza en Sabucedo do dado en chamar o “tambourine man” da música galega. Vén de ser galardoado co Premio Martín Códax da Música Galega 2016 na categoría de música tradicional. Unha carreira forxada como recolleitador de coplas e numerosas colaboración cos mellores artistas de Galicia e do resto do Estado, fan de Xabier Díaz un dos iconos máis seguidos e aplaudidos do panorama actual. Desta vez, presentando o seu novo traballo, acudirá acompañado polas “Adufeiras de Salitre”, tocadoras de pandeiro de man e pandeireta.
VÍDEOS:

Ataque Escampe
Mergulladores nun mar de letras moi traballadas, cun trasfondo entre o pscolóxico e o político, este grupo nado a carón da Facultade de Filoloxía de Santiago DC, evolucionou dende o Rock de Serie B á profesionalización ó longo da primeira década do presente século. Hoxe en día abranguen estilos tan diversos como a cumbia, o Krautrock ou o bolero. Os seus discos, cargados de ironía cociñada con doses de dura realidade, e normalmente elaborados en torno a un concepto ou idea común, fan de Ataque Escampe un dos expoñentes máis destacados do panorama musical galego nos últimos anos.
VÍDEOS:

Cuchufellos
A quen non mandaron de pequeno a buscar os biosbardos? Pois iso son os cuchufellos na zona de Trives e Manzaneda. Pero os Cuchufellos que nos van acompañar no festival si que se van deixar notar, esquecendo o frío invernal do macizo ourensán para traer a Sabucedo a calor da súa música festeira que fará mover os corpos, ós nosos e quen sabe se ata os das bestas no Castelo. Posiblemente bautizados nunha pía de licor café, convertirán o seu concerto nun baño de ledicia musical e festivaleira.

Xurxo Souto
E como mestre de cerimonias teremos a Xurxo Souto. É un arroutado carnocho nado no poderoso barrio de Montealto, A Coruña, onde coa forza bravú inspirou a súa banda Os Diplomáticos. Posteriormente guiou o mítico programa radiofónico Aberto por Reformas na Radio Galega, mentres que como, a cabeza lle corría dabondo, tamén guionizaba para o Luar. Filólogo e escritor, hoxe en día segue dando tralla como acordeón do grupo Os Tres Trebóns.
