"A Baixa"

"A Baixa" é como se coñece en Sabucedo á runión das bestas que viven ceibes no monte de Montouto durante todo ano para conducilas ata Sabucedo, onde permaneceran durante tres días.

A primeira hora da mañán, tras os foguetes e o repenique de campás, celébrase a Misa da alborada. A continuación a xentre reúnese no lugar coñecido como o Celeiro para a continuación subir aos montes na procura das greas guiados sempre pola xente de Sabucedo e dos pobos de arredor. As greas reúnense no lugar coñecido como o Peón, para depois seren conducidas cara Sabucedo.

Coidamos dende a propia “Asociación da Rapa” que a mellor maneira de descubrir esta experiencia é acudindo ó monte e participar no traballo da baixa, sendo esta actividade unha das máis participativas dentro do marco contextual da festa.

1- Foguetes e repenique das campás

Arimeira hora da mañán , hacia as seis e media, as campás da Igrexa repenicadas con enerxía xunto co rebumbio de foguetes lanzados con profusión, encárganse de espertar a xente do pobo así como os forasteiros que dorme na acampada do Campo do Medio.

2- A Misa na alborada

É entón cando cos primeiros raios do día se dirixen cara á Igrexa para participar na “misa da alborada”. Nela pídese protección a San Lourenzo nas operacións da “baixa”, e posteriormente do “curro”

3- Reunión no Celeiro antes da saída

Tralo remate da misa, a xente agrúpase do Celeiro, lugar céntrico do pobo, agardando a que cheguen os últimos rezagados e os menos madrugadores.Co sinal do último foguete dase a saída cara o monte.

4- Saída cara o monte

Cara as sete da mañán empréndese a marcha; os veciños de Sabucedo , acompañados de moitos visitantes que os axudarán á baixa , sempre baixo as instruccións de aqueles , toman camiño adiante , saíndo dos termos da aldea cara os lonxanos montes. O camiño cara o monte cóllese pola carballeira de Piquite. Despois de atravesa-la estrada que une a Sabucedo con Quireza, iníciase unha subida ata a Espiñeira.

5- Rodear as greas

Chegados ó monte a xente divídese en grupos, e en camíñanse ós seus obxectivos : unha vez localizada cada grea, rodéase, apretando o cerco lentamente ata conseguir encamiñalas na dirección prevista; así sucede de forma combinada e polos distintos grupos nos diferentes lugares do monte : No Cádabo, Pranzadoira, Conla, etc.

6- Xuntanza no Peón

Para conducilas ata alcanzar a vaguada do “Peón”, onde son reunidas tódalas greas.Unha vez despachado o “tente en pe” e xa calmados os ánimos reempréndese a marcha cara Sabucedo.

7- Baixa das bestas a Sabucedo

Dependendo de como se desenvolveran as actividades no monte(moi en fución da climatoloxía) a xente chega coas bestas ó pobo cara ás tres ou catro da tarde. Neste momento, como fai referencia Manuel Cabada, prodúcese un segundo encontro, entre o pobo e as “bestas do Santo”. Como sinala no libro xa citado, “prodúcese o encontro da mocidade, que chega sudorosa e enteira das correrías polo monte ( que é un símbolo vivo do futuro do pobo e do país), coa xente maios do pobo mesturada cos forasteiros e curiosos)”, e “na que o pobo reafirma –e ésta é outra das características da festa- a súa propia identidade grupal” Na baixa prodúcese unha interactividade entre vellos e novos, onde as persoas con máis anos lle ensinan ós mozos como se deben realizar as tarefas de xuntanza das bestas, algo que por outra parte xa se fai nos traballos que se realizan a través de todo o ano.

Namentres as bestas non se levan ó curro permanecen nun cercado próximo ó pobo, Cataroi,onde se poden alimentar e así coller forza para soportar con valentía a loita que poucas horas despois afrontará cos tamén non pouco valentes aloitadores.

Moca

A Moca (ou Pau de moca) pertence ó ritual tradicional do día da Baixa. Trátase dunha especie de vara,procedente dun carballo cerqueiro (ver), que se caracteriza por ter no extremo que apoia no chan un pequeno vulto en forma de verruga ou excrecencia.

Montouto

A Pranzadoira, a Conla, o Cábado, a Espiñeira, Souto,... e moitos máis, son os montes que na primeira mañán da festa han de andar as xentes que se botaron ó monte en busca das bestas. Conforman estes montes unha unha paraxe de 45 Km cuadrados de natureza na que os participantes na actividade poden deleitarse coas fermosas vistas dunha paisaxe chea de regatos, grandes penedos e sendeiros polos que poden camiñar e pasar un bo día á carón das bestas.