Onde estamos

San Lourenzo de Sabucedo ( GPS N 42.58826º // W 8.41475º) é unha parroquia galega situada no sudeste do termo municipal de A Estrada, na provincia de Pontevedra.

Pertence á Comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Limita coas parroquias de Liripio (San Xoan), Codeseda (San Xurxo) e co termo municipal de Cerdedo.

Coche

A parroquia de Sabucedo dista 37 km de Pontevedra (dirección Cerdedo) e a 42 km de Santiago de Compostela (en dirección A Estrada). Posición GPS N 42.58826º // W 8.41475º

Tes gasolineras preto de Sabucedo en:
-A Estrada
-Cerdedo
-Soutelo de Montes

Avión

Se o medio elixido é o avión, en Galicia contamos con 3 aeroportos:
-Lavacolla en Santiago de Compostela, que dista de Sabucedo a 49 km
-Peinador en Vigo, a 73 km aproximadamente.
-Alvedro na Coruña, que dista de Sabucedo a uns 110 km aproximadamente

Podes obter información sobre as compañías que operan neles e as rutas que cobren na web de Aeroportos Españois e Navegación Aérea AENA

Tren

As estacións de tren máis cercanas son a de Santiago de Compostela e a de Pontevedra. Se non che queda claro podes chamar ao número 902 32 03 20 de atención ao cliente as 24 horas do día.

Autobús

A compañía A Estradense une o Condello de A Estrada coas cidades de Santiago de Compostela, Vigo e Pontevedra, así como con pobos como Lalín, Cuntis ou Caldas de Reis. Podes conultar máis información sobre rutas e horarios no seguinte enlace: LINK