VERBENA COAS MELLORES ORQUESTRAS DO PAÍS

Como toda festa galega que se precie as noites da Rapa son noites de festa rachada na Carballeira do Campo do Medio, ao son da música das orquestras e grupos de música tradicional ata altas horas da mañán.

Pola noite o turno tócalle ás orquestas que coas súas versións intentarán facer que tanto maiores como novos pasen unha bo rato. O campo da festa está ateigado de bares e pulpeiros nos que poder pedir un bo licor café, un ribeiro ou o que o corpo che pida.

FOLC E MÚSICA TRADICIONAL

Na Rapa pódese desfrutar de actuacións de música da terra, e escoitar aos máximos representantes da música tradicional el folc galega, con nomes propios nos últimos anos como Xosé Manuel Budiño, ou Roi Casal.

A espera no Curro a que chegen as bestas está amenizada pola agrupacións folclóricas. No seguinte video podes ver a actuación de Tequexetéldere do ano 2013 no que interpretan "Moliñeira do Castelo"

PASARRÚAS DE GAITEIROS

Como xa se apuntou, a música desempeña un papel moi importante na celebración da romería. Os primeiros en comezar a anima- la festa do sábado son os cuartetos tradicionais, co seu repertorio no que abondan muiñeiras, “jotas”, pasodobres,...que xa na mañán do sábado percorren as rúas do pobo. Tamén a música máis tradicional se traslada pola tarde ó curro, posto que non se entende este acto sen o son das gaitas.