Curro Solidario

Luns 4 de Xullo

Sabucedo celebra o curro solidario os luns da Rapa das Bestas dende o ano 2012 pretendendo así aportar un grao de area para paliar necesidades diversas da nosa sociedade.

Anos anteriores

Durante estes anos doouse a recadación completa do curro solidario para as seguintes persoas e asociacións:

➢ Curro 2012: Paula

➢ Curro 2013: Uxía

➢ Curro 2014: Cruz Vermella da Estrada

➢ Curro 2015: AECC (Asociación española contra o cancro)

➢ Curro 2016: Fundación Juan XXIII de Pontevedra