"O ciclo todo da festa de Sabucedo, no que a rapa é só un capítulo, podemos velo como un relato,unha representación, na que contan á par os seres humanos e os seres máis portentosos do monte, os fillos do vento"

Manolo Rivas

1,2,3,4 de Xullo

Monte

natureza, liberdade, unión

Vive con nós un día en plena natureza e axúdanos a reunir e baixar centos de bestas bravas dos montes de Montouto. Dende primeira hora da mañán e dirixidos pola xente de Sabucedo, reúnense as greas de bestas que viven en liberdade para traelos a Sabucedo, sendo una experiencia única nun fermoso entorno natural.

Máis

Curro

tradición, respeto, valor

O traballo levado a cabo no curro é sen dúbida, pola súa perigosidade, o acto máis espectacular que nesta festa se pode observar. É o xeito de realizalo o que diferencia á Rapa de Sabucedo do resto das feitas en toda Galicia, por non se utilizar máis armas que o propio corpo e forza do aloitador respectando en todo momento aos animais.

Máis

Festa

verbena e música tradicional

Como toda festa galega que se precie as noites da Rapa son noites de festa rachada na Carballeira do Campo do Medio, ao son da música das orquestras e grupos de música tradicional ata altas horas da mañán. Abundan os postos de “pulpeiros” onde poderedes coller forzas a base polbo, churrasco regado con viño do país. Non faltan tampouco as tan tradicionais rosquilleiras, “stands” de productos galegos, e os atraccións para os máis cativos.

Máis

Novas

2016-06-03

Para os amantes da mellor música galega, aquí chega o RapaSons 2016:

- VENRES 1 DE XULLO:...

2016-06-02

Para tod@s @s festeir@s e bailong@s presentámosvos as pedazo de orquestras que veñen este ano á R...

TR@MITES ON-LINE

A través desta páxina web podes facer directamente as seguintes operacións. Preme no botón para obter máis información:

Merca as entradas do Curro anticipadamente

Se es profesional, solicita a túa acreditación para acceder ao Curro

Merca on-line os procuctos da Rapa

Organiza
Colabora